Dossier Impacto xurídico do COVID 19: novidades laborais do Real decreto lei 8/2020

As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir, tras a declaración da pandemia provocada polo COVID-19, están levando ao Goberno a acometer medidas de emerxencia emanadas dos seus gabinetes de crise. Tan só pasou unha semana da publicación do RDL 7/2020, que pretendía paliar os seus efectos económicos e, dende entón, declarouse o estado de alarma (o sábado 14 de marzo, coa publicación do RD 463/2020) e a publicación dun novo Real Decreto Lei, o 18 de marzo, que, nesta ocasión, de forma moito máis ampla, acomete medidas de urxencia para facer fronte non só ao impacto económico, senón tamén ao social.

Compartir: