15 Xuño 2023

A Axencia de Dereitos Fundamentais publica o seu informe anual

 

A Axencia de Dereitos Fundamentais (FRA) publica o seu informe anual destacando a necesidade de buscar solucións ás violacións dos Dereitos Fundamentais na UE

 

No seu informe anual, Axencia de Dereitos Fundamentais (FRA) examina e expón os desenvolvementos e preocupacións relacionadas cos dereitos fundamentais durante o ano 2022. Gran parte do informe céntrase en dar a coñecer as repercusións que teñen para a UE as violacións dos dereitos fundamentais causadas pola guerra de Ucraína. Faise fincapé na necesidade de proporcionar apoio en áreas específicas, incluíndo:

  • Garantir unha vivenda asequible, segura e adecuada, especialmente para mulleres e nenos.
  • Promover empregos axeitados que se axusten ás competencias e cualificacións das persoas, protexendoas contra a explotación laboral.
  • Promover a integración dos nenos e nenas nos centros ordinarios e garantir o acceso rápido aos servizos de atención á infancia.
  • Prestar apoio ás mulleres que sufriron violencia e explotación sexual.

Ademais, abórdanse unha ampla gama de temas, entre eles: a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE; igualdade e non discriminación; racismo, xenofobia e outras formas de intolerancia; igualdade e inclusión da comunidade xitana; asilo, fronteiras e migración; a sociedade da información, a privacidade e a protección de datos; dereitos dos nenos; o acceso á xustiza; e a aplicación da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade.

A través deste informe anual, a FRA ofrece unha análise detallada destas cuestións e ofrece recomendacións para abordar os retos e promover o respecto e protección dos dereitos fundamentais na Unión Europea.

Podes atopar información máis detallada a continuación ligazón

Compartir: