23 febreiro 2024

Conta de Depósitos e Consignacións Xudiciais, novos servizos da Carpeta da Xustiza

Agora dispoñible na aplicación Carpeta Xustiza acceso dos profesionais da xustiza ás Contas de Depósitos e Consignacións Xudiciais (CDCJ), segundo informou a Dirección Xeral de Transformación Dixital da Administración de Xustiza.

Esta nova canle permitirá solicitar o acceso e visualizar a situación económica dos procedementos xudiciais de todos os colexiados, independentemente da entidade bancaria na que teña conta o profesional.

A través dunha interface sinxela e accesible, os profesionais poderán realizar operacións como consultar a relación de solicitudes de acceso ás contas de expediente realizadas e o seu estado e visualizar as poxas xudiciais das contas de expediente nas que están autorizados.

As Contas Xudiciais de Depósitos e Consignacións facilitan a tramitación económica dos asuntos xudiciais poñendo a disposición dos cidadáns os mecanismos necesarios para o cumprimento dos compromisos económicos do proceso xudicial.

Novo servizo telefónico para cidadáns e profesionais da xustiza

900 101 906. Teléfono gratuíto para cidadáns e profesionais do dereito, exclusivamente para cuestións relacionadas con operacións de contas de depósito e consignacións xudiciais. O servizo é prestado polo Banco Santander como entidade adxudicataria das devanditas contas.

Compartir: